O veredicto de Sócrates
Dise que cando o filósofo grego Sócrates foi
acusado de corromper á xuventu-de ateniense e se enfrontou a unha posible
sentenza de morte, comentou: “Se a vida non se examina, non paga a pena
vivila”. Sócrates cría que era mellor morrer que deixar de pensar de forma
filosófica, o cal pode ser unha esaxeración, mais creo que se pode dicir que
unha sociedade na que non existe reflexión é unha sociedade pouco sa. Unha
sociedade sen filosofía na que non existe pensamento crítico sobre o
fundamental é unha sociedade que se arrisca a atrofiarse.
Fragmento adaptado de Filosofía (Stephen
Law)
- Sinala as
principais afirmacións do texto anterior e especifica cal é a idea principal do
mesmo (que se expón na súa conclusión).
- Elabora unha
breve recensión (entre 50 e 100 palabras) na que expoñas a túa opinión
persoal sobre o que se di no texto: estás de acordo coa afirmación de
Sócrates e o papel que ten a filosofía na nosa sociedade? Por que?. É moi
importante distinguir entre introdución, parágrafo principal e conclusión
(aínda que a introdución e a conclusión só sexan unha liña cada unha).
No hay comentarios:
Publicar un comentario