UNIDADE IV – A
RESOLUCIÓN INTELIXENTE DOS CONFLITOS (pequeno catecismo
para a resolución dos conflitos)
O longo da vida, os humanos
encontrámonos sumidos en todo tipo de problemas e conflitos.
Que é un problema?
Un problema é
unha dificultade, un obstáculo que nos impide conseguir o que queremos.
Que é un conflito?
Un
enfrontamento, unha loita ou pelexa entre dúas partes que se opoñen e
interfiren a unha a outra: dous individuos, dous grupos, dúas nación.
Por que os seres humanos temos problemas?
Porque o mundo no que vivimos non é perfecto, non é o paraíso. E
dicir, o mundo non se axusta as nosas necesidades e desexos.
Por que hai conflitos?
Temos conflitos
fundamentalmente por dúas razóns:
-
porque as persoas teñen desexos contrapostos, queren cousas contrarias entre si;
por exemplo: os meus país, aínda que teña xa dezaseis anos, queren que siga cos
estudios mentres que eu quero poñerme xa a traballar.
-
porque as persoas as veces competimos por unha mesma cousa; por exemplo: dúas
rapazas que queren saír co mesmo rapaz; as cousas polas que normalmente os
seres humanos compiten son: diñeiro, poder e prestixio; entre as nacións, a
causa fundamental dos conflitos son os territorios: a loita polo control dos
territorios é a causa da maioría das guerras (como ocorre na guerra de Ucraína).
En que niveis poden aparecer os problemas e conflitos?
- o nivel persoal:
os problemas e os conflitos
afectan exclusivamente a un individuo e o seu entorno máis preto. Exemplos: o
meu pai queda en paro; unha discusión entre dúas amigas.
- o nivel nacional:
os problemas e conflitos
afectan a tódolos membros dunha nación. Exemplo: a crise económica que sofre a poboación
de Venezuela (pero non a de Colombia)); a guerra civil que desatouse en España
en 1936 ou en Siria fai dez anos.
- o nivel global ou mundial:
vense
afectadas as persoas de todo o mundo. Exemplo: o cambio climático (neste caso,
o problema chega incluso a afectar as xeracións vindeiras); a pandemia do
COVID; unha guerra internacional (como foron as últimas dúas guerras mundiais).
Como poden ser os problemas e conflitos?
En cada un dos niveis, os problemas e os conflitos poden ser grandes ou
pequenos. Exemplo: as guerras ou a fame son grandes problemas; a negativa de Hungría
a aprobar a última resolución da Unión Europea é un pequeno problema.
Por que necesitamos resolver os nosos problemas e conflitos?
Necesitamos encontrar a solución os problemas
e conflitos porque queremos ser felices. Estes non só impídennos acadar a
felicidade senón que poden chegar a facernos moi infelices porque producen sufrimento.
Que ferramenta hai que utilizar para resolver os problemas e conflitos que temos?
Para encontrar a
solución das nosas tribulacións, temos a intelixencia.
Que ten máis fácil solución, os problemas ou os conflitos?
Os problemas son de máis fácil solución que os conflitos.
Por que? Os problemas requiren só
unha solución técnica. Nos conflitos, o enfrontarse seres humanos se require ca
solución sexa satisfactoria para as dúas partes. Por iso podemos dicir que os
problemas requiren solucións eficaces mentres que os conflitos esixen
solucións xustas. Exemplo: é máis fácil resolver o problema da fame nun
país que poñer fin a unha guerra civil.
Cando unha solución é xusta?
Cando atende, toma en consideración e valora imparcialmente as razóns, os
intereses lexítimos das partes enfrontadas. Exemplo: o enfrontamento entre pais e fillos pola hora
de chegada a casa os fins de semana.
Como se solucionan os conflitos?
Se solucionan encontrando un método eficaz para determinar quen ten razón ou en
que ten razón cada unha das partes enfrontadas.
En que consiste ese método?
Nun
conxunto de regras que nos permiten acadar o noso obxectivo: encontrar unha
solución o conflito e que esa solución sexa xusta.
Cales son esas regras?
Primeira regra: non utilizar nunca a violencia. As solucións xustas so se poden
acadar se, para empezar, prohibímonos o recurso a forza ou a imposición. A
violencia é mala sempre porque 1º
fai dano (físico e psíquico) e 2º
non permite acadar solucións xustas os conflitos xa que unha das partes aplasta
a outra para saírse coa súa e impoñer os seus intereses. Incluso a violencia é
mala para a parte que se serve dela para impoñer a súa vontade. Por que? Porque
a violencia deshumaniza sempre, tamén ó que fai uso de ela.
Segunda regra: rebaixar o grao de tensión (non é fácil encontrar unha solución xusta
cando as persoas están moi excitadas ou enfadadas entre elas). É por iso polo
que temos que tranquilizarnos e intentar estar serenos (as emocións negativas
non son boas para resolver os conflitos; a resolución dos conflitos requiren
tranquilidade de ánimo)
Terceira regra: e buscar o entendemento. Como
logramos isto? Escoitando e dialogando. Require mais intelixencia e mais
comunicación. Do que se trata é de determinar quen ten razón, en que ten razón e
por que a ten. Para logralo e necesario:
1º
que cada parte sexa capaz de pensar por si mesma (do modo máis obxectivo,
desprexuizado e desinteresado posible) acerca de:
a) cales das reclamacións do opoñente son lexítimas e xustificadas (“xustificables” significa que se poden dar razóns que demostran a súa lexitimidade).
Require ser capaz de “poñerse no lugar do outro”, ser capaz de empatizar con el, cos seus intereses e cos seus desexos.
Por exemplo, no
conflito entre padres e fillos pola hora de chegada a casa, os fillos teñen que
entender o dereito lexítimo dos pais a preocuparse por eles e por iso a
impoñerlles unha hora para volver a casa. Un fillo que pensa que “os seus pais
non teñen que meterse na súa vida” está totalmente equivocado o respecto, e
dicir, non comprende ós lexítimos dereitos que teñen os seus pais de
preocuparse a que hora volve a casa en aras da súa educación. Este fillo non é
razoable, non se comporta razoablemente. O mesmo sucede a inversa. Uns pais que
son incapaces de comprender que conforme o seu fillo vai crecendo teñen que ir ampliando os marxines de liberdade do seu
fillo, non poden aspirar a que este acepte voluntariamente e de boa gana os
horarios que lle impoñen. Eses pais tampouco son razoables.
b) cales das súas reclamacións son ilexítimas e inxustificables.
Require ser capaz de poñer entre paréntese algúns dos nosos propios intereses. E dicir, temos que lograr sobrepoñernos o espontáneo e natural egoísmo que sentimos con respecto os nosos desexos (para cada un de nos, os desexos de cada quen están xustificados simplemente por ser os seus; nesto consiste o egoísmo: en considerar que un desexo é lexítimo para alguén simplemente porque é o seu desexo, sen ter en conta a bondade ou maldade de ese desexo ou sen atender os desexos e intereses dos demais que poden ser tan lexítimos como os seus). Neste apartado, o importante é descubrir se algún dos nosos desexos é intrinsecamente malo, e dicir, daniño para outra persoa. Nese caso, o único que podemos facer é reprimir, prohibirnos a nos mesmos ese desexo: negarnos a conseguir a súa satisfacción.
Por exemplo, cando unha persoa contrata a outra para facer un
traballo (por exemplo, a limpeza da súa casa), como é natural, desexa pagar o
menos posible, por exemplo menos do salario mínimo (menos de 1.050 euros o mes
por corenta horas de traballo) ou non pagarlle a Seguridade Social (para unha
empelada doméstica é unha cota duns 350 euros o mes). Por iso, aínda que unha
persoa desexe pagar o menos posible e poida facelo (porque ninguén lle controla
e moita xente está disposta a aceptar o salario que lle queira pagar porque hai
moito paro, por exemplo), ten que darse conta que o seu interese de pagar o
menos posible é en ese contexto ilexítimo por ser malo, prexudicial para outras
persoas.
2º
que as dúas partes dialoguen entre elas. Hai que facelo por dúas razóns:
a) Aínda que cada parte faga o maior esforzo por comprender por si mesma a outra parte, sempre é posible que non chegue a entendela, que non chegue a descubrir que é o que esta desexa e cales son as razóns polas que o desexa. A única maneira de chegar a entender correctamente os desexos dos nosos opoñentes é deixándolles falar, escoitando atentamente e deixando que estes nos corrixan se non interpretamos correctamente o que nos reclaman.
Por exemplo, nas pelexas
entre amigos, ou dentro dunha parella, aínda que exista a intención por
entender o mellor posible a outra parte, pode suceder que ese entendemento non
chegue ata que escoitemos a outra parte e esta nos explique que é o que nos
pide, o que, do que fixemos, lle fixo dano e doeulle. Falar e imprescindible,
polo tanto, para coñecer mellor as razóns dos outros e poder entendelas. En
conflitos moito mais graves, e moi importante que as parte enfrontadas se
senten xuntas e fagan un esforzo por escoitarse (por exemplo, en España o
terrorismo de ETA houbera desaparecido antes se a sociedade vasca non
invisibilizara as vítimas do terrorismo e as houbera escoitado).
b) Nalgúns casos, os desexos das dúas partes son lexítimos pero incompatibles (imposibles de realizar a vez). Nese caso, a única solución é a negociación: que a dúas partes acorden en que medida e de que forma van a renunciar a parte dos seus intereses para así facelos conciliables.
Por exemplo, nas negociacións colectivas dos
salarios dos traballadores que se fan todos os anos entre as organizacións
empresariais e os sindicatos, os representantes dos empresarios desexan
lexitimamente subir o menos posible os salarios dos seus traballadores e os
representantes dos traballadores o inverso. Ambas reclamacións son lexítimas e para facelas compatibles teñen que encontrar un
punto de encontro, un punto de equilibrio, un punto que as dúas partes podan
considerar razoable: unha cantidade de subida salarial que satisfaga os desexos
contrapostos das dúas partes.
Que ocorre se as partes enfrontadas non se poñen de acordo?
Cando as persoas non saben poñerse de acordo
entre si por si mesmas, deben buscar un mediador (un árbitro) que lles
axude a entenderse. Exemplo: os pais son mediadores nos conflitos entre irmáns;
no instituto, un conflito entre dous alumnos pode ser resolto grazas a
intervención dun compañeiro que actúa como mediador.
Así é como se
resolven os conflitos a nivel individual ou de pequenos grupos. Pero,
Como se resolven os problemas e os conflitos a nivel de toda unha nación?
Na vida das sociedades e das nacións
(mais alá dos pequenos grupos dos que formamos parte como a familia ou a
pandilla) e moi difícil encontrar a solución os conflitos e os problemas. Coa
finalidade de resolvelos, as sociedades crean os Estados. Nun principio,
fai xa moitos séculos, os Estados so tiñan interese en exercer o poder, en manda
e dominar. Pero conforme os Estados foron evolucionando, foron democratizándose,
civilizándose, humanizándose ata converterse no principal instrumento co cal as
sociedades poden resolver os seus problemas e conflitos e conseguir ordenar xustamente
a convivencia.
Como o lograron?
Establecendo as
tres grandes institucións do Estado: o Goberno, o Parlamento e os Tribunais de
Xustiza. Estes son os tres poderes do Estado: o goberno e o poder executivo, o
parlamento o poder lexislativo e os tribunais o poder xudicial. A función do
goberno e resolver os problemas da nación. A función do parlamento é elaborar
as leis que fan posible ordenar xustamente a convivencia e a dos tribunais de
xustiza resolver os conflitos aplicando as leis.
Como o goberno resolve os problemas que ten unha sociedade?
Creando organismos que lles dean solución.
Exemplos: os problemas relacionados coa seguridade resólvense grazas a
intervención da policía e o exército (as ben chamadas forzas e corpos de
seguridade do Estado); os problemas relacionados coa saúde dos cidadáns co
sistema sanitario (a rede de hospitais públicos); os relacionados co as
comunicación e infraestruturas do pais co ministerio de obras públicas, etc.
E os conflitos?
A gran
ferramenta para resolver os conflitos son as leis e os tribunais de xustiza. Os
Estados encárganse de ditar leis (o fan os parlamentos) e nomear xuíces. As
leis son elaboradas polos parlamentos. Os xuíces interveñen nas disputas
resolvendo os conflitos aplicando as leis previamente creadas polos
parlamentos. Os xuíces non son mediadores. Están investidos dunha autoridade
polo Estado e a sociedade que lles otorga a potestade de resolver os conflitos.
Como o fan?
1º aplicando unhas leis que foron elaboradas ad hoc (a propósito) polos parlamentos para resolver ese tipo de disputas e
2º determinando quen ten razón nunha disputa (esta razón non é a razón moral senón a razón legal; o xuíz establece quen ten a razón legal nun conflito).
A función dos xuíces non é conseguir que as
persoas enfrontadas logren entenderse e poñerse de acordo (e por iso polo que
dicimos que non son mediadores), senón
resolver os conflitos poñéndolle fin definitivamente as disputas,
gústelles ou non lles guste aos
implicados a resolución adoptada polo
xuíz na súa sentencia.
Como se resolven os problemas e conflitos a nivel internacional?
A nivel internacional, os problemas so
poden ser resoltos a través da cooperación dos Estados. Estes crearon
organismos internacionais que intentan axudar a resolver os problemas e
conflitos supranacionais, aqueles que afectan a varios países, dous como
mínimo, ou incluso a toda a humanidade (problemas e conflitos globais). O
organismo internacional mais importante e a ONU (Organización das Nacións
Unidas). Os seus órganos principais son:
- a Asamblea Xeral
(co sede en Nova Iorque).
- o Consello de
Seguridade (co sede en Nova Iorque).
- a Secretaría
Xeral (co sede en Nova Iorque).
- o Tribunal
Internacional de Xustiza (co sede en A Haia)
Ademais, existen
dentro da ONU tamén organismos especializados:
- UNICEF: é a
organización para a protección e o desenrolo da infancia.
- UNESCO: o seu
obxectivo é a cooperación e o desenrolo cultural (a súa sede está en París).
- ACNUR: é o alto
comisionado para os refuxiados de guerra (a súa sede está en Xenebra).
- Cascos Azuis: é
un exército internacional de interposición.
As persoas particulares
tamén crean asociacións coa intención de axudar a paliar e resolver os
problemas e conflitos que hai hoxe en día no mundo. Estas asociacións non foron
creadas nin están dirixidas polos Estados. É por iso polo que se chaman ONG,
Organizacións non gobernamentais, e dicir, non estatais. A máis antiga creouse
no século dezanove.É a Cruz Vermella que se encarga da asistencia médica en
situacións de conflito bélico. Outras tamén dedicadas a asistencia médica son “Médicos sen fronteiras”, “Médicos Mundi”,
etc. Intermón Oxfam e Caritas dedícanse a paliar os problemas de pobreza, fame,
educación, saúde. Amnistía Internacional loita polos dereitos políticos das persoas
que viven baixo réximes ditatoriais e Greenpeace o fai pola conservación do
medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario