Esta materia chámase “Valores éticos”.
De que trata esta materia?
1º Nesta materia van a axudarme a entender que significa que
me estou facendo maior, que estou deixando de ser un neno. Este tema o
desenvolveremos o longo do primeiro trimestre do curso.
2º Nesta materia van a
explicarme tamén porque todos nos somos persoas e, por iso, todos somos, sen
excepción, valiosos e iguais.
3º Finalmente, nesta materia van a ensinarnos porque é tan
importante vivir en sociedade. Ademásis, esa sociedade ten que ser democrática.
1º LECCIÓN – Quen son eu?
O primeiro tema que vamos a explicar
é o feito de que estou facéndome maior. Que significa facerse maior? Que
implica converterse nun adulto? No seguinte:
1º A infancia rematou o está a punto de rematar. A infancia é
a primeira etapa da nosa vida. Dura, máis o menos 12 anos e divídese en dous
periodos:
-
a
primeira infancia, que vai dende o momento do noso nacemento ata os 6 anos
(momento no que sae o primeiro molar definitivo) e
-
a
segunda infancia, que vai dende os 7 ata os 12 anos (momento no que sae o
segundo molar).
2º A característica principal da infancia é que é o periodo
da vida no que se produce o máis importante crecemento e desenvolvemento físico
(corporal) e psíquico (mental) do individuo. En conclusión, na infancia
dedicámonos a medrar.
3º Tamén na infancia, aprendemos as cousas máis importantes e
necesarias para a vida: aprendemos a camiñar, a falar, a comer por nos mesmos,
a asearnos, a ler e escribir, a contar, e, sobre todo, aprendemosa convivir cos
nosos semellantes, cos nosos país e irmáns, cos nosos compañeiros e Mestres,
cos nosos amigos e vecinos.
4º O máis característico da infancia é que non somos capaces
de valernos por nos mesmos e é por iso polo que teñen que coidarnos. Quen nos
coida? Os adultos, normalmente os nosos país e, se eles faltan, algún outro
adulto da nosa familia como por exemplo os avós. Por iso é polo que durante a
infancia podo vivir despreocupadamente. Os adultos ocúpanse de darme todo o que
necesito (alimento, habitación, vestido e, sobre todo, cariño, amor). E así, eu
podo dedicarme exclusivamente a xogar e a aprender (xogando) todas as cousas
das que acabamos de falar.
Agora imos
falar da adolescencia.
Que é a adolescencia?
A adolescencia é una etapa da vida, a etapa que vai
inmediatamente despois da infancia. Comeza aos 12-13 anos e dura ata os 18-20
anos. É una etapa de transición, una estación de paso, entre a infancia e a
idade adulta. Chegamos aidade adulta aos 18 anos e é por iso polo que cuando
cumplimos 18 anos a sociedade recoñécenos como “maiores de idade”.
Que sucede na adolescencia?
1º Que rematamos de crecer tanto física como mentalmente.
Falemos en primeiro lugar do crecemento corporal. Nos anos da adolescencia vou
seguer medrando tanto en altura como en anchura. Unha vez que remate a
adolescencia xa non vou a medrar máis. As rapazas crecen ata a menarquía, a súa
primeira regra, e os rapaces crecen ata os 18, incluso os 20 anos. Os seus
crecementos son moi rápidos e por iso se denominan “estiróns”.
2º O crecemento biolóxico-corporal mais importante é que na
adolescencia acadamos a madurez sexual. Dende que nacemos temos xenitais, os
órganos sexuais de reproducción sexual, pero están inmaduros e por iso non se
poden utilizar. Na adolescencia, os nosos órganos sexuais van a acadar o seu
pleno desenvolvemento, a súa madurez, e por iso xa poderemos facer uso deles
para reproducirnos (as rapazas poden chegar a ser nais dende os 12-13 anos e os
rapaces dende os 14-15 anos). É a idade núbil. A aparición da sexualidade é o
principal cambio que experimentamos na adolescencia. E dicir, dende o momento
que experimentamos os nosos primeiros desexos sexuais xa non somos nenos.
3º pero na adolescencia non so se producen cambios corporais,
senon que tamén é un periodo de de transformación na personalidade do
individuo, na sua psique, na súa mente. E por iso polo que dicimos que a
adolescencia é un periodo de transformación psicolóxica. Expliquemos en que
consiste dita transformación:
-
Os
cambios psicolóxicos son efecto de cambios estructurais no cerebro. O cerebro
no cambia de tamaño, non se fai máis grande, senón que se reorganiza, se
reestructura, creando novas conexións neuronáis que non existían no periodo
anterior. Este “rewired of brain” ou
recableado do cerebro fai tamén que a nosa mente se faga máis potente,
prácticamente tan potente como a dun adulto.
-
O
cerebro dun adolescente é aínda moi flexible e plástico (non porque sexa de
plástico, senón porque é como a plastilina, e dicir, moi moldeable). Iso
implica que o adolescente segue a ter
una gran capacidade de aprendizaxe e, sobre todo, que é sumamente
adaptable a situacións novas e inesperadas. O cerebro dun adulto é moito máis
ríxido e por iso costalle máis adaptarse a novas circunstancias.
-
As
características principáis da personalidade dun adolescente son as seguintes:
a)
Extraordinaria
sociabilidade: a adolescencia é o periodo da vida no que temos máis necesidade
de estar con outras persoas, e ademáis que non sexan do nostro entorno familiar
mais cercano. Durante a infancia, aínda que nos gusta tamén estar cos nosos
amigos, as persoas máis importantes para nos son os membros da nosa familia,
sobre todo os nosos pais. Durante a idade adulta, tamén de novo son os membros
da nosa familia os que máis importancia teñen para nos (neste caso, serán os
fillos o foco principal da nosa atención).
Por que na adolescencia ten menos
importancia a nosa familia e, pola contra, teño tanto interese de estar cos
amigos?
Porque na adolescencia estou
preparándome para abandonar definitivamente o niño familiar e saír o complicado
(e as veces hostil) mundo exterior.
b)
A
adolescencia é tamén un período en que nos atrae todo o novedoso, no que
buscamos toda clase de experiencias excitantes e na que nos gustan máis que
ningunha outra cousa as fortes emocións. É por iso polo polo que, por exemplo,
aos adolescentes gustalles tanto o cine de terror.
c)
Tamén
e propio da adolescencia o estar disposto a correr riscos, a diferencia dos
adultos e dos nenos que soin moito máis prudentes.
Por que un adolescente pode querer
correr riscos que lle poden complicar a vida, ata o punto de chegar a poñer en
perigo a súa integridade física ou incluso a súa vida?
Para os psicólogos, o motivo é que
para un adolescente paga a pena correr perigos se a recompensa do que estas a
facer e moi desexada. E dicir, os adolescentes fan un cálculo costes/beneficios
moi distinto o que fai un adulto: os costes non se restan da posible
gratificación futura, senón que simplemente se poñen entre paréntese, estándose
disposto a asumilos se a recompensa é
…”irresistible”.
Cales son algún dos clásicos riscos
(das “locuras”) que moitos adolescentes están dispostos a asumir sen calcular
as súas, as veces perigosas consecuencias?
. o consumo de drogas e tóxicos de
toda índole
. manter relacións sexuáis sen
protección e non seguras
. a conducción imprudente de
motocicletas e outros vehículos
O certo é que é inherente a
adolescencia a continúa transgresión das normas sociáis, normas que teñen como
obxectivo facer posible a convivencia pacífica e a cooperación social.
Por qué un adolescente ten esa
necesidade de contravir as normas e os usos sociais establecidos?
As normas establecen os límites, as
fronteiras do que se pode facer, do que socialmente está permitido ou ben
visto. Pois ben, un adolescente necesita transgredir as normas:
1º para probarse a si mesmo, para probar o seu valor (nos dous sentidos
da palabra “valor”:
o
no
sentido do que é valioso e
o
no
sentido do que é atrevido, que non ten medo;
nos dous casos, o adolescente
demostrase a si mesmo que ten vontade
propia, que é libre, e que é capaz de rebelarse e non someterse o que lle manda
a “autoridade social competente”, e dicir, os país, os mestres, os adultos en
xeral)
e 2º para coñecer de veras, e non “de
oídas”, ditos límites que as normas establecen (e dicir, para entender
realmente por que a norma prohíbe ou obriga algo), xa que so pode coñecer o
límite aquel que se atreveu a traspasalo (e así, so coñece cal e o límite da
inxesta de alcohol aquel que se embriagou).
En conclusión: transgredir as normas,
con o sen causa (de aí o título da película de Nicholas Ray, a primeira gran
película da historia do cine dedicada íntegramente a problemática dos
adolescentes americanos dos anos 50 “Rebelde sen causa”), é algo inherente a
adolescencia.
-
A
transformación psicolóxica que se está a vivir na adolescencia é tan intensa é
profunda que imos pasar por unha auténtica “crise de identidade” ata o punto de
que as veces non vamos a saber nin sequera quenes somos realmente.
En que consiste esta crise de
identidade?
O meu eu infantil vai morrer
(figuradamente) e vai ser substituido por outro eu, o meu eu adolescente, o
adolescente no que voume a converter. É por iso polo que as veces vou sentirme
preocupado e angustiado xa que estou a experimentar unha transformación vital
total. Na infancia nunca vivín nada parecido e por iso é polo que cando era
neno non me angustiaba e era tan feliz.
Ese novo eu pode cambiar:
1º de carácter ou temperamento: por
exemplo, hai persoas que de nenos son extrovertidos, alegres e comunicativos e
de adolescentes volvense introvertidos e reservados, e a inversa.
2º de intereses e obxectivos na vida:
na adolescencia deixan de interesarme moitas das cousas que tanto me gustaban
de neno e comezan a interesarme outras completamente distintas, e así por
exemplo o tempo que dedicaba de neno a xogar o dedico agora a aprender pola
miña conta a tocar a guitarra ou simplemento fago uso del para arranxarme e
poñerme guapo/a; na adolescencia é tamén a primeira vez na vida en que comezo a
pensar en serio no meu futuro e empezó a facer proxectos a medio/longo prazo, e
así por exemplo decido poñerme a estudar inglés na Escola de Idiomas para sacar
o título nesa lingua ou decido empezar a tocar nun grupo. E dicir, na
adolescencia empezó a ter por primeira vez un proxecto de vida propio, unha
idea de como me gustaría vivir, unha concepción persoal e propia de en que
cousas reside para min o ben, a vida boa, a felicidade.
3º de crenzas e conviccions, e así
por exemplo se de pequeno creía que a única forma de familia axeitada era aquela que era similar á miña (un pai, unha
nai e a súa prole), agora doume conta e comprendo que hai outros modelos de
familia e que tamén eles son lexítimos: familas monoparentáis (as formadas por
un so proxenitor; grazas a deus, hoxe en día xa non existe a infamia de que te
estigmaticen como fillo de nai solteira), familias homoparentáis na que os
fillos son froito dunha adopción (formados por una parella homosexual; as
parellas homosexuais teñen xa o dereito legal de contraer matrimonio e poder
adoptar fillos como calqueira outra parella heterosexual; no caso das parellas
formadas por duas mulleres lesbianas o usual é que unha delas teña un fillo
facendo uso dunha doazón de esperma anónimo), etc. Normalmente, nesta etapa
chocaran as miñas novas crenzas coas que me ensinaron e transmitiron os meus
país na infancia.
Nesta cuestión, como en tantas
outras, tamén hai un compoñente de choque xeracional (as xeracións máis novas
teñen gustos e opinións distintas as dos seus país, e así gústame o reguetón e
non o rock, ou paréceme normal a transexualidade mentres que aos meus país lles
segue a resoltar algo extrano e excepcional).
Pois ben, cal é o sentido desta profunda transformación que
se está a producir en min?
Xa o sabemos. Vou a converterme nun adulto.
Que é un adulto?
Un individuo que adquiriu xa todas as capacidades que pode
chegar a ter un ser humano e que, polo tanto, é un membro completo e terminado da
especie dos homo sapiens.
Que capacidades?
A autonomía e a responsabilidade
-
AUTONOMÍA:
A principal capacidade dos adultos é que son autónomos, independentes, válense
por se mesmos e non necesitan, polo tanto, que lles coiden como pola contra
ocorre cos nenos ou que os tutelen como ocorre cos adolescentes. Un adulto é
aquel ser humano que xa é capaz de coidarse e gobernarse a si mesmo.
-
RESPONSABILIDADE:
Pero esta autonomía que se adquire na idade adulta implica tamén que o
individuo xa ten unha completa capacidade de distinguir o ben do mal e de
controlar os seus impulsos (sexan estes os que sexan, por irresistibles que
parezan ser, como por exemplo ocorre co desexo sexual ou con intensas emocións
como poden ser o medo ou os celos: ninguén pode escudarse en que tivo un ataque
de celos para xustificar a malleira ou o
o daño psicolóxico que lle pudo facer a súa parella, ou que tivo medo para
xustificar porque non prestou axuda cando conducindo o seu coche atropellou
mortalmente a un ciclista). E por iso polo que a sociedade considera
inadmisible que un adulto cometa un delito xa que entende que é perfectamente
consciente do mal que está a facer e non pode escudarse nun “irresistible”
impulso que lle emporrou a cometelo (esto dos “impulsos irresistibles” teñen un
pase na adolescencia como explicamos xa antes pero non teñen cabida na idade
adulta).
Como se chama esa nova capacidade que
adquiren os adultos de saber xa por si mesmos distinguir o ben do mal e de
actuar en consecuencia?
Denomínase … responsabilidade.
Facerse adulto significa facerme
responsable, totalmente responsable (e non parcialmente como ocorre cos
adolescentes), responsable dos meus propios actos, responsable da miña propia
vida. Gracias a que son responsable (e teño, por iso, responsabilidades) e polo
que podo considerar que xa son, ao fin, libre, dono e señor da miña propia
vida.
EN CONCLUSIÓN: nas clases pasadas estivemos explicando que
fai dos ou tres anos comezamos unha viaxe, unha viaxe que vai levarnos ao que
agora é ainda para nos é un remoto país, a idade adulta. Esta viaxe vai durar
varios anos e é, polo tanto, unha longa viaxe. Esta viaxe chámase adolescencia.
Esta viaxe é a maior aventura, a máis
importante experiencia que imos ter neste periodo da nosa existencia.
Cando un vai de viaxe, un ten que preparalo e planificalo. O
máis importante é saber cara onde nos conducimos: a idade adulta, a
independencia e a liberdade (seremos xa libres porque xa non dependeremos de
ninguén, non dependeremos dos nosos país e seremos capaces de valernos por nos
mesmos e así facernos donos da nosa vida). Ademáis de saber onde nos diriximos,
temos que avituallarnos, facernos co todo o necesario para a viaxe. Nas viaxes
habituáis necesitamos roupa, comida, bebidas, mantas, etc.
Nesta viaxe que é a adolescencia, que imos necesitar?
O máis importante vai ser … respetarnos, e dicir, “querernos
a nos mesmos”, ter sempre alta a autoestima. Na adolescencia, porque estou
cambiando, vou pasar por momentos de inseguridade e de ansiedade, momentos en
que non vou estar moi satisfeito conmigo mesmo e en que vou a dudar incluso do
meu valor.
Que teño que facer nestas situacións?
1º Non esquecer, primeiro, que non son a única persoa que está pasando por iso
(todos os adolescentes, e én realidade a maioría das persoas en todos os
momentos da súa vida, pasan, antes o despóis, por momentos de esa índole). O
que me está a pasar é polo tanto normal,
corrente, non algo excepcional que so me pase a min.
2º Non esquecer, segundo, que eu teño que ser sempre o máis importante
para min mesmo e que, ainda que poda haber cousas que non me gusten de min,
como por exemplo o meu aspecto físico (os adolescentes soen ser “desgarbados”
porque ainda están facéndose) ou a miña torpeza cos compañeiros (a miña falta
de habilidades sociáis), eu son valioso, tan valioso como as persoas que me
rodean, igual de valioso que as persoas que máis admiro. Este sentimento de
respeto e valoración de min mesmo é a conciencia da miña propia dignidade, a
conciencia de que son valioso porque teño o máis importante que teño que ter:
autonomía, intelixencia e liberdade. E é por iso polo que me quero a min mesmo
e acéptome como son.
A outra cousa que vou necesitar son bos compañeiros de viaxe.
A estes bos compañeiros cos que vou compartir a aventura vital máis importante
que vivín na miña vida xa podo chamarelles non so amigos, senón… “verdadeiros
amigos”. E é por iso polo que moitas veces as persoas consideran aos seus
amigos da adolescencia como os máis importantes e os mellores que tiveron o
longo de toda súa vida, amizade que ademáis moitas veces se conserva o longo
dos anos, e que parece … inmune ao paso do tempo, incólume aos cambios da vida
e das circunstancias.
En definitiva, tal e como dicía un famoso filósofo alemán decimonónico (do século XIX), non esquecer que “Ninguén pode construírche a
ponte pola que caminar sobre a corrente da vida, ninguén a excepción de ti” (Nietzsche)
No hay comentarios:
Publicar un comentario