As emocións
Na clase de hoxe imos falar das emocións.
Que son as emocións?
Os sentimentos, reaccións internas a través das cuais
respondemos “instintivamente”, automáticamente, a certos estímulos do noso
entorno. Exemplos: hoxe que é o meu cumpleaños fun ao instituto e cando cheguéi
a clase os compañeiros deronme un pequeño agasallo que compraron para min. A
miña reacción foi primeiro de sorpresa porque non o esperaba e, despóis, de
alegría e satisfacción, e dicir, de ledicia polo que estaba a vivir. A
sorpresa, a satisfacción, a alegría ou a ledicia son emocións, sentimentos,
reaccións emocionáis, respostas emocionáis ante o feito de recibir un agasallo
inesperado. Outro exemplo, o outro día
fixen un examen de mates que preparei a fondo e que tiña expectativas de
aprobar e sen embargo o profe suspendeume. Cando deume a nota, a miña primeira
reacción foi enfadarme pero despóis de ver o exame e darme conta do que fixera
mal a maioría dos exercicios, o enfado deixou paso a decepción. O enfado e a
decepción tamén son sentimentos, emocións.
Por que temos sentimentos?
Porque estamos vivos, e dicir, porque somos seres vivos e
porque somos seres vivos sentintes (somos animáis e non plantas). E é que non
todos os seres vivos teñen sentimentos. As plantas, por exemplo, non os teñen.
Tampouco moitos animáis teñen emocións como lles pasa por exemplo aos insectos.
Cales foron os primeiros animáis en ter emocións?
Os réptiles.
O cerebro do réptil xa é capaz de sentir emocións (a parte
máis primitiva do meu cerebro, o que alberga as emocións máis básicas e
primitivas como o medo, o noxo, a furia, chamase por iso cerebro reptiliano).
Cales son as emocións básicas?
-
Medo, noxo (o noxo é a resposta a un alimento en mal estado e, polo tanto,
potencialmente tóxico; o medo é a resposta ante un perigo que ou ben me
paraliza ou ben faime fuxir),
-
o
benestar ou malestar (sentimento de pracer ou dor, de alegría ou de tristeza)
-
e a ira (a furia, un sentimento de dispracer
moi poderoso que cando se descarga fai que respondamos con agresividade, e
dicir, violentamente ante a situación que a suscitou).
(¡coidado! O que vos estou
a contar non é totalmente certo xa que moitas de isas emocións pertenecen xa o
cerebro límbico, o cerebro emocional do mamífero, composto por la amígdala, o
tálamo e o hipocampo).
Como podemos clasificar as emocións?
Un criterio sinxelo é clasificalas en dúas grandes clases: a
clase das emocións positivas e a clase das emocións negativas.
O primeiro que temos que saber é que esta distinción entre
emocións positivas é negativas non equivale a establecer unha diferenciación
entre emocións boas e emocións malas. Todas as emocións son boas e necesarias
para a vida pois son un resultado da evolución natural. Todos traemos de
fábrica un equipamento de emocións que nos van a resultar moi útiles para a
supervivencia. Non esquezamos que as emocións son impulsos que nos empurran a
actuar nun determinado sentido (e así, o medo me empurra ou ben a quedarme
quieto, xa que o medo paraliza, ou ben a fuxir, pois o medo pode provocar tamen
unha conduta de fuxida) e que si as emocións que temos foron seleccionadas foi
porque a conducta que disparan aumentan as nosas posibilidades de supervivencia
(este é o famoso mecanismo da selección natural descuberto por Charles Darwin
que explica a evolución: os seres vivos cambian continuamente e van sendo
seleccionados aqueles cambios que aumentan as posibilidades de que o individuo poda
reproducirse; neste caso, o que foron seleccionadas foi un conxunto de
emocións).
Cal é a diferencia entón entre as emocións positivas e as
emocións negativas?
As emocións positivas son emocións placenteiras e por iso nos
empurran a facer cousas que fan posible que ditas emocións agradables e
gratificantes perduren. As emocións negativas, pola contra, son desplacenteiras ou displacenteiras, e dicir, desagradables. Son aquelas emocións que nos resultan
incomodas xa que preferimos non ter que experimentalas ou sentilas. É por iso polo que esas emocións necesitan
descargarse nunha conduta que faga posible que esas mesmas emocións desaparezan ou ben se
alivien (un exemplo o temos cando alguén sufre un ataque de cólera: a ira que
sente é tan desagradable que lle forza a descargarse nunha conduta agresiva como
é a de proferir insultos, palabras malsonantes, chegando incluso a actuar
violentamente contra outras persoas, violencia que pode ir dende dar un
empurrón ata o asesinato).
EMOCIÓNS POSITIVAS
Cales son as principáis emocións positivas?
A felicidade o amor e a alegría, mais toda a infinidade de
emocións que forman o seu séquito, e dicir, que son os seus posibles modos
particulares é específicos de presentarse (as emocións poden ser visualizadas
como grandes galaxias formadas por unha multitude de estrelas e con unha gran
estrela central). Vexamos cada unha de ditas tres grandes familias de emocións
positivas.
O AMOR
Comezaremos polo amor. O amor é a forza que me empurra cara o
bo, o bo que encontramos en outras persoas ou en nos mesmos. Dentro da galaxias
da emoción do amor encontramos estas formas ou modos do amor:
-
A
autoestima (o amor a un mesmo); con dita emoción está conectada tamén a
autoconfianza e a autoaceptación
-
Respecto
as demáis persoas, as emocións “amorosas” que sentimos nunha gradación
ascendente son: a amabilidade, a cordialidade, o respeito, a simpatía, a confianza, o cariño e o afecto.
-
Na
relación entre as parellas na que existe un forte vinculo sexual as emocións
primarias que se senten son: a atracción sexual (a paixón ou desexo) e o
enamoramento.
- Especialmente importantes son as emocións en que superamos o noso natural “egocentrismo emocional” na relación cos demáis. Tal cousa ocorre cando son capaz de sentir polos demáis gratitude, empatía, solidariedade, compasión ou perdón. Nestos casos, o centro da emoción non son eu, senón un “ti”, outra persoa, un semellante.
A ALEGRÍA
Pasemos a galaxia da alegría. A alegría é algo así como un
subidón de enerxia psíquica. Cando experimento alegría síntome cheo de vida é de
ganas de vivir. A alegría é unha emoción vigorizante, un tónico ou
reconstituinte para a nosa vontade (tónico
por aquilo de que entona ou vigoriza; tónico ven do latín “tonicus” que
significa tenso; por que é bo estar "tenso"? Xa sabemos que as cordas dos instrumentos para que soen teñen que acadar un grado de tensión óptimo e so así soan e están ben afinadas e algo similar ocorre cos seres humanos: a nosa vontade necesita ter un grado de alegría, de bo humor, de enerxía ou combustible psíquico para poder funcionar axeitadamente). Emocións que son expresión de alegría son: o contento, o
humor, a ilusión, a esperanza, o optimismo, o entusiasmo, a euforia.
A FELICIDADE
Finalmente, falemos da galaxia da felicidade. A felicidade e
o sentimento que alcanza o individuo cando sinte que xa ten todo o que necesita
e todo o que quere, e dicir, cando sinte que acadou a súa plenitude persoal, a
súa realización individual. Aristóteles, un filósofo da Antiga Grecia chamaba a
felicidade “eudaimonía” que en grego
significa algo así como “florecer”. Cando acadamos a felicidade é como se,
figuradamente, florecésemos. Nesta galaxia encontramos emocións como o benestar
e a satisfacción, acompañado dunha sensación de tranquilidade ou paz interior,
e sobre todo dun sentimento de plenitude, equilibrio, armonía e serenidade.
Cales son as principáis emocións negativas?
A ira, o medo, a tristeza, a ansiedade, a vergonza e o asco.
O NOXO
O asco e a sensación de rexeitamento, repulsión, repugnancia ou aversión que nos provoca algo
ou alguén. É o polo oposto do amor. Se o amor é atracción polo bo o noxo é a
repulsión por aquilo que consideramos malo, perxudicial, tóxico para a nosa
integridade.
A VERGONZA
A vergonza é o sentimento que experimentamos cando non
estamos moi contentos de algo que fixemos e que sabemos que os que nos rodean
censuran (e así, por exemplo, síntome avergonzado cando me pillan mentindo).
Está asociada co sentimento de ridículo e de culpa. É unha emoción social.
A ANSIEDADE E O MEDO
A ansiedade se exterioriza de moitas formas: como
nerviosismo, inseguridade, intranquilidade, inquietude, preocupación, stress. É
unha especie de medo difuso a algo indefinido. Por medio desta emoción, cremos intuir
que algo malo está a pasar. Está polo tanto vinculado, con razón ou sen ela, co
estado de alarma.
O medo nos está conectado senon que é a expresión mesma do estado de alarma e se manifesta en
gradación ascendente como susto, temor, pánico, horror e terror.
A IRA
A ira é o sentimento negativo máis perigoso. Se pode
manifestar del múltiple formas:
-
como
enfado, malhumor ou rabia;
-
como
antipatía, desprezo, envexa, odio,
rencor, resentimento ou
hostilidade;
-
como celos (os celos é a ira que se sinte
contra o ser amado cando a persoa se sinte traicionada, ignorada ou despreciada
por esta);
-
e,
de forma violenta e agresiva, como cólera ou furia.
A TRISTEZA
Finalmente, falemos da emoción da tristeza, da galaxia das
emocións tristes. A tristeza e a emoción que é o polo oposto da alegría. Se
aquela era un subidón de vigor psíquico, de vitalidade, esta é o contrario, un
baixon de enerxía, unha perda de vitalidade, de ánimo (e de aí o de estar
“desanimado”, sen ánimo, sen forza psíquica para encarar o que nos está a
pasar). É tamén por iso polo que aos estados permanentes de tristeza os
chamamos “depresións”.
Cales son as emocións que expresan dun modo u outro tristeza?
Dende o aburremento ou a desgana ata a pena, o dor ou o sufrimento. Entremedias
destes dos polos, encontramos tamén a nostalxía, a melancolía, a soidade, o
pesimismo, a decepción, a desilusión, a resignación ou a amargura
Como temos que xestionar as emocións?
Do que se trata é de logremos controlar as nosas emocións e
non permitamos que as nosas emocións nos dominen (que as emocións nos controlen
a nos).
Que debemos saber tamén sobre as emocións?
Fundamentalmente, que forman parte de nos, e dicir, que as
emocións son un elemento integrante do nosa personalidade, en definitiva, do
noso ser (como tamén lle ocorre ao noso corpo; os seres humanos non “temos un
corpo”, senón que “somos un corpo”).
Sen embargo, o feito de ser un ingrediente da nosa
personalidad non significa que sexamos so una colección de emocións. A nosa
personalidade ten que consistir en algo máis, e ese “algo máis” é a parte máis
importante do noso ser, do noso “eu”.
De que estamos a falar?
Das capacidades psicolóxicas superiores da mente do
individuo. Nelas reside o meu verdadeiro “eu”, a parte máis importante da miña
personalidade, a conciencia, a intelixencia e, sobre todo, a vontade. Si as
emocións se ubican no cerebro reptiliano e límbico, as partes máis primitivas e
antigas así como internas do cerebro, as facultades superiores localízanse no
neocórtex, a capa máis nova e periférica do noso cerebro.
Que é a vontade?
A vontade son eu xa que o núcleo ou médula do meu eu é a
vontade. A este núcleo, a este tronco se lle poden sumar despóis moitas outras
cousas, moitas outras ramas, que forman parte tamén do meu eu: o meu corpo, os
meus desexos, o meu temperamento, as miñas emocións, as miñas crenzas…).
Cal é a función da vontade?
Decidir a miña conduta, pilotar a nave da miña vida. Podemos
imaxinar a vontade como o capitán que está a mando do gobernó dunha nave xa que
a vontade é o que ten nas súas mans o timón da nosa vida. A analoxía é axeitada
porque para empezar un barco parecese moito a quen son eu. O casco do barco é o
meu corpo e do mesmo modo que sen casco non se pode navegar, sen corpo non podo
sequera vivir. Pero o meu eu non soamente é o meu corpo. As velas dos barco son
os meus desexos e as miñas emocións. Son elas as que empurran o barco, as que
fan que se mova, o motor que lle insufla enerxía. Pero tampouco as velas son o
meu eu. O timón, ou mellor dito, o piloto que manexa o timón e goberna o barco
e o dirixe e conduce cara o porto, cara o seu destino é o meu verdaeiro eu. E
ese pilóto é a vontade.
A vontade comeza a formarse timídamente na segunda infancia,
a partir dos sete u oito anos, pero aínda non está prácticamente desenrolada.
Terei que esperar ata a adolescencia para comezar a ter unha verdadeira vontade
propia e, polo tanto, un verdadeiro eu.
DERRADEIRA CLASE
Esta é a última clase antes do examen que imos facer a
próxima semana. Na clase de hoxe imos falar da estación término de esta longa
viaxe que é a adolescencia.
Cal é a estación término?
Xa o sabemos, a idade adulta.
Que me vai a ocorrer canda me faga un adulto?
O máis importante é que me convirto en dono e señor da miña
vida. Chegar a idade adulta significa que me convirto nunha persoa libre.
Que implica o feito de ser xa, ao fin, unha persoa libre?
1º que son autónomo.
Que é ser autónomo?
Ser autónomo, xa o explicamos antes, é ser independente,
valerse por un mesmo (como veremos, a idade adulta é a etapa da vida oposta a
infancia; Por que? “Que é un neno?”, podemos preguntarnos, e responderemos: un
neno é un ser dependente, alguén que non é capaz de valerse por si mesmo e por
iso ten que ser tutelado). Cando somos adultos xa ninguén nos tutela porque xa
teño capacidade para autotutelarme. (so requiren ser tutelados aquelas persoas
que por distintas circunstancias (as
chamamos “persoas en situación de discapacidade”) non teñen capacidade de
exercer esa autotutela sobre si mesmos: persoas
maiores con problemas de senilidade, alzheimer,etc., persoas con discapacidade
intelectual por ter síndrome de Down,etc.). Na idade adulta ninguén pode darme
ordes porque as ordes mas dou eu a min mesmo.
En conclusión, ser adulto significa ser capaz de tomar un por
si mesmo as súas propias decisións.
2º Responsabilidade.
Que significa ser responsable?
Non significa ser un bo rapaz, senon comprender que un é a
causa, o productor, de seus actos.
Por que é tan importante esto da responsabilidade, de saberse
responsable dos propios actos?
O longo da miña vida moitas veces vou facer o correcto, vou a
acertar (por exemplo, sacando os cursos, incluso boas notas, ou tendo bos
amigos). Cando acerto, ninguén tenme que explicar que eu son o responsable dos
meus éxitos e, polo tanto, que o merito é meu. Pero o problema é que moitas veces
vou tamén a equivocarme nas miñas eleccións. Cando os seres humanos
equivocámonos, tendemos sempre a botarlle a culpa os outros, os demáis, ou as
circunstancias. Ser responsable é saber cal é a parte de culpa que teño eu nos
erros que cometo. E así, se un neno cando rompe un xarrón sempre di “eu non
fun” (e é natural que o diga porque aínda non é responsable dos seus actos, xa que é un neno), un adulto
pola contra non pode mentir o respecto, non pode esconder a súa
responsabilidade (non pode tirar a pedra e despóis esconder a man) e por iso
debe dicir “Si, fun eu, o sinto”.
Imos rematar estes apuntamentos coa lectura de “Invictus”, un
fermoso poema dun poeta norteamericán do seculo XIX chamado W.E. Henley. Nos dous derradeiros versos (están subraiados en negrita), resúmese cal é o noso sino, o noso destino como os seres humanos que somos, como os seres singulares, únicos e irrepetibles que cada un de nos é.
Invictus
Out of the night that covers me,
Black as the pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul.
Na noite que me envolve, negra, como un pozo insondable, doulle grazas aos
deuses que puideren existir, pola miña alma inconquistable
In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.
Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed.
Nas garras das circunstancias, non hei xemido, nin chorei. Baixo os golpes
do destino, a miña cabeza ensanguentada xamais se prostrou
Beyond this place of wrath and tears
Looms but the Horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds and shall find me unafraid.
Máis aló deste lugar de ira e prantos, axexa a escuridade co seu horror, E
con todo a ameaza dos anos áchame, e acharame sen temor.
It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate,
I am the captain of my
soul.
Non importa cuán
estreito sexa o camiño, nin cantos castigos leve ás miñas costas, Son o amo do
meu destino, Son o capitán da miña alma.
Profe es muchísimo eh
ResponderEliminarMoitisimos castelanismos e algúns textos incoherentes
ResponderEliminarfáltanche moitísimos tils e sobranche bastantes tamén
ResponderEliminarcastelanismos hai montes e mareas
ResponderEliminarNo se empieza la oración con pronombre átono
ResponderEliminartodo HORROROSO
ResponderEliminar