UNIDADE 3 – A LOITA
POLA FELICIDADE
Limiar
De que trata esta unidade?
Nesta unidade imos falar de
moitas cousas distintas: da escravitude na 1º lección, da discriminación da
muller na 3º lección, da democracia na 2º lección e, finalmente na 4º lección e
como conclusión da unidade, dos dereitos humanos. Detrás destes variopintos
asuntos, como trasfondo, podemos vislumbrar o tema central da unidade: a loita
pola dignidade humana.
Punto de partida
Aínda
que nos pareza estraño, a crenza na dignidade humana (a crenza no valor das
persoas, de tódalas persoas sen distincións de sexo, raza, relixión,
nacionalidade ou clase social) e moi recente. O longo de toda a historia da humanidade
ningunha sociedade, ningunha cultura, ningunha civilización, practicamente
ningunha relixión, creu na dignidade e na igualdade entre os homes. Por exemplo,
para os gregos que para nos son o pobo máis culto e civilizado da antigüidade endexamais
consideraron a quen non fora grego unha persoa digna de aprecio. Para un grego,
todo o quen non o fora era un bárbaro,
un servo, un subhumano, unha besta. E do mesmo modo que as bestas naceron para
ser bestas e como tal deben ser tratadas, os non gregos naceron para ser
escravos (escravos dos gregos, claro) e ese é o seu destino natural. A
escravitude dos non gregos así foi xustificada por un dos máis importantes
filósofos de aquela época, Aristóteles).
Por
que cambiaron tanto as nosas conviccións con respecto a esta cuestión, a
dignidade e igualdade entre os homes? Todo comezou coas novas crenzas
introducidas por uns visionarios que afirmaban que todos os homes somos iguais
e polo tanto somo persoas (persoa significa iguais en dignidade). Quen foron
estes visionarios? As grandes figuras relixiosas da tradición espiritual xudia:
os grandes profetas de Israel e Xesucristo (Xesucristo pertence a gran
tradición espiritual dos profetas de Israel; tamén pertence aínda que dun modo
máis tanxencial a esta tradición Mahoma). Cal é a mensaxe dos profetas de
Israel? Existe só un Deus, o Deus de Israel, que é o mesmo para toda a
humanidade. Este Deus é unha persoa (e dicir, un Deus que ama e coida os seres humanos;
por iso din os profetas de Israel que
Deus non é vingativo senón que ten “entrañas de misericordia”) e todos
os seres humanos somos persoas porque somos os seus fillos e fomos feitos a súa
semellanza (e dicir, fomos feitos persoas por un Deus persoal).
Cal
é a situación actual da cuestión? No mundo moderno, a época na que nos vivimos,
seguemos crendo que todos os seres humanos somos persoas. Simplemente que agora
para crer nisto non necesitamos ter fe no Deus de Israel nin na divindade de
Cristo, nin necesitamos crer que somos fillos dun deus persoal. Non o cremos e
punto. No mundo moderno cremos que somos
persoas por ser seres racionais, por ser intelixentes e por poder facer un uso
intelixente da nosa liberdade. Sen embargo, paradóxicamente, tamén os gregos
pensaban que somos seres racionais e sen embargo de iso nunca inferiron que
sexamos persoas.
Lección 1º - A loita
pola abolición da escravitude
Cando
os seres humanos eran cazadores e recolectores, e dicir, na prehistoria da
humanidade, non había escravos. Pero cando os homes se fixeron sedentarios,
cando inventaron a agricultura e a gandería, cando xurdiu a civilización, tamén
apareceu a lacra da escravitude. Dende entón, todas as sociedades foron
escravistas ou practicaron algunha forma de escravitude. A única excepción é a
sociedade moderna nestes dous últimos séculos.
Que
é un escravo? Gando. Un escravo é unha cousa, unha besta, un animal falante
pero un animal. Como tal, o escravo se compra e se vende, se usa e, cando xa
non sirve para nada, se tira (se deixa morrer). Un escravo é un “ben moble”
(unha propiedade que se pode mover é un ben moble; unha propiedade que non se
pode mover é un ben inmoble).
Cando
a humanidade tomou conciencia do carácter aberrante da escravitude? Foi fai moi
pouco tempo. Houbo que esperar a que se estenderan e afianzaran as crenzas
humanistas do século da Ilustración, do século XVIII (fundamentalmente, a
crenza na igualdade entre os homes e a dignidade das persoas). O primeiro país
no mundo en abolir a escravitude foi Inglaterra (o fixo en 1770). En Francia a
escravitude foi abolida pouco despois, nos tempos da revolución (finais do
século XVIII). Noutros países occidentais houbo que esperar aínda unhas décadas
para que a lacra da escravitude fora suprimida: Estados Unidos, e só despois
dunha cruel guerra civil, emancipará os escravos en 1865; en España e Portugal
haberá que esperar ata 1880 e 1888 respectivamente para ver como a escravitude
queda definitivamente derogada. Isto en Occidente. No resto do mundo,
retrasouse ata ben entrado o século XX: en Arabia saudita a escravitude foi
legal ata 1968; Mauritania foi o último país do mundo en derogar leis que
permitían a escravitude (foi en 1980). Sen embargo, aínda que non sexa legal, a
práctica da escravitude segue existindo hoxe en día en moitos países do mundo.
Por exemplo, en Sudán calquera de nos pode comprar un escravo por uns 75 euros.
En Paquistán, en Afganistán ou en Camboxa, os pais venden os seus fillos por
unhas moedas. A escravitude tamén existe nos nosos países aínda que aquí, a
diferenza dos países anteriores é considerada un delito e é perseguida polas
autoridades estatais (pola policía). Estamos a falar de cousas tales como a
“trata de brancas” (a escravitude de mulleres que se compran e venden e as que
se lles obriga a exercer a prostitución) ou a explotación laboral de
traballadores inmigrantes estranxeiros traídos ó noso país por redes
clandestinas de tráfico de persoas. Ademais, en moitos lugares do mundo, aínda
que non haxa compra e venda de persoas, os traballadores traballan en
condicións que poderíamos considerar de semiescravismo.
Lección 2º - A loita
pola igualdade da muller
PUNTO DE PARTIDA
Tódalas
sociedades humanas o longo da historia, incluídas as sociedades máis
primitivas, as sociedades de cazadores e recolectores cren que as mulleres e os
varóns son desiguais por natureza. E de certo o son, ou al menos son
diferentes: teñen distintos xenitais, hai dimorfismo sexual (as femias son de
menor tamaño, menor altura e teñen un 25% menos de masa muscular que os varóns),
as mulleres poden ter fillos e os homes non. En virtude de estas diferenzas
naturais, todas as culturas creron que os homes e as mulleres son desiguais por
natureza [De feito, estas diferenzas físicas, a menor capacidade física da
muller e sobre todo a súa capacidade reprodutora, tiveron como consecuencia que
a muller fora relegada a cumprir a función social de nai (a ter fillos e coidar
da súa educación, das tarefas domésticas e de todos aqueles membros da familia
que o necesitasen por ser demasiado vellos para valerse por si mesmos o por
estar enfermos) e lle fora vetada, prohibida, o acceso a outras funcións
sociais distintas do seu rol social de reprodutora e coidadora]. O
recoñecemento de esta desigualdade de partida terminará tendo en todas as
sociedades e culturas importantes implicacións: as mulleres foron consideradas
como inferiores os varóns e por iso consideraban que as femias tiñan que estar
sempre sometidas a tutela e a autoridade dos homes. Certamente, todas as
sociedades humanas foron “sociedades
patriarcais”. Chamamos sociedades patriarcais a aquelas nas que o varón ocupa
unha posición social superior que a femia. Nelas, o patriarca posúe dun modo
completo e sen límites o seu gando, os seus escravos, os seus criados, os seus
fillos e, finalmente, a súa muller. Son as súas propiedades. A muller é unha
propiedade do patriarca, do varón.
PUNTO DE CHEGADA. SITUACIÓN NA
ACTUALIDADE
Os
ideais humanistas do século XVIII, da Ilustración, afirmaban que todos os homes
eran moralmente iguais en dignidade, non desiguais por natureza. Cando se
afirmou isto non se fixo coa intención de defender a igualdade entre os homes e
as mulleres (aínda durante o século XIX foi dominante na sociedade occidental a
crenza de que as mulleres son inferiores os homes e que polo tanto, como se de
nenos minores de idade se tratase, debían ser tuteladas por eles).
Sen
embargo, xa dende finais do século XVIII comezara tamén a loita dalgunhas
mulleres pola emancipación feminina: a loita por liberarse da servidume da
tutela dos varóns. Esta loita rematou cando os países recoñeceron a igualdade
ante a lei (a igualdade xurídica) entre os homes e as mulleres. Isto non
ocorreu definitivamente na maioría dos países occidentais ata 1970.
CONCLUSIÓN
A
emancipación da muller é a revolución social (unha revolución silenciosa e sen
derramamento de sangue) máis trascendental de todo o século XX (e unha das máis
importantes de toda a historia da humanidade). Sen embargo, como todos sabemos,
só moi poucas mulleres no mundo poden disfrutar da súa recen estreada liberdade
e igualdade. Esas mulleres son as privilexiadas que viven nos desenrolados e
socialmente avanzados países occidentais. Pero non todas poden gozar dos seus
dereitos en igualdade de condición que os homes porque en moitos sectores
sociais (fundamentalmente nos estratos máis humildes da sociedade, con menos
recursos e sobre todo menor educación) a crenza nesta igualdade aínda non é
unha realidade e están moi estendidas as actitudes de desprezo e rexeitamento
de esta igualdade.
Lección 3º - A loita
pola democracia
Cando
as sociedades acadan un determinado nivel de complexidade, requiren de alguén
que as dirixa. É por iso polo que as sociedades invisten a algúns dos seus
membros como gobernantes e lles recoñecen o dereito a mandar (lles otorgan autoridade
ou poder político).
As primeiras sociedades humanas,
as sociedades de cazadores e recolectores da prehistoria eran tan pequenas e
simples que non requirían que ninguén as gobernase nin as dirixira. Eran
sociedades sen xefes (as sociedades sen gobernantes as chamamos “sociedades
acéfalas”; “acéfalo” significa sen cabeza e se aplica a ese tipo de sociedades
porque os gobernantes o dirixir o grupo cumpren analoxicamente a función que
ten a cabeza rectora nun organismo).
Pero co nacemento da civilización, xorderon as
cidades e as sociedades se fixeron moito máis grandes e complexas, requirindo
por iso xefes. Normalmente, os xefes pertencían a algún liñaxe especial e
exercían a súa autoridade ou poder sen límites dun modo despótico. O longo da
historia da humanidade, a práctica totalidade das sociedades foron gobernadas
por este tipo de xefes.
Pero houbo unha excepción: no
século V a. C. naceu en Grecia unha nova forma de goberno, o autogoberno. As
cidades gregas, as polis das que tanto nos falan na asignatura de historia, e
os seus habitantes, os cidadáns, decidiron que non querían xa delegar o poder
nun mandóns profesionais para que lles gobernasen senón que ían a
autogobernarse a si mesmos. Acababan de inventar a democracia. Na Antigüidade.
O autogoberno democrático soamente o acadaron algunhas polis gregas e por
breves períodos de tempo (un século e medio máis o menos, dende o 500 a.C. ata o 350 a. C.). A democracia máis
duradera do mundo antigo foi a República romana.
Nos primeiros anos da nosa era, alá
polo ano 35 a.C.
a democracia desapareceu da faz da terra cando a República romana se
transformou no Imperio romano (Roma deixou de ser unha democracia gobernada
polos seus cidadáns e pasou a converterse nun gran Imperio gobernado por un
rei, o Emperador). Esta situación mantívose durante séculos ata que a
democracia renaceu no mundo moderno. As datas clave son:
-1689, Inglaterra se converte na
primeira monarquía constitucional da historia.
- 1776, nacemento dos Estados
Unidos de América.
- 1787, redacción e aprobación da
Constitución de Estados Unidos.
Dende os Estados Unidos, a
democracia estendeuse por todo o mundo (Francia foi o primeiro lugar onde
chegou e o desexo de implantar un réxime democrático e o que desencadeou a
Revolución francesa) nun largo proceso, aínda non rematado, de máis de dous
séculos (o noso país, España, so se democratizou definitivamente en 1978).
Que é hoxe en día a democracia?
Imos intentar explicar que entendemos hoxe por autogoberno. O primeiro que
temos que saber é que a democracia de hoxe en día non se parece en nada a
democracia da Antigüidade.
En que consiste para nos
actualmente o autogoberno democrático? Nestes tres principios (estes son os
tres pilares da democracia):
1º principio, a Constitución: a
nosa democracia é unha democracia constitucional. Se un país non ten unha
constitución, non é unha democracia. A invención da constitución é a gran
aportación de Inglaterra e Estados Unidos a democracia moderna. Que é unha
constitución? A lei fundamental dunha nación, a lei máis importante dun país.
Por que é tan importante ter unha constitución para vivir en democracia? Por tres
razóns:
As constitución poñen limite o
poder dos gobernantes. Un país con constitución non será nunca gobernada por
tiranos.
As constitucións establecen cal é
o obxectivo último do Estado: a defensa dos dereitos do individuo (o dereito a
vida, o dereito a seguridade, o dereito a propiedade e o dereito a liberdade).
A estes dereitos constitucionais tamén os coñecemos co nome de “dereitos
humanos”.
A constitución dun país determina
tamén o modo concreto cómo se exerce o autogoberno (establece cales son os
poderes do Estado, executivo, lexislativo e xudicial, cales son as súas
competencias e os requisitos que deben cumprir as cidadáns para poder ocupar as
súas correspondentes maxistraturas como xefe de goberno, ministro, deputado,
senador o xuíz).
2º principio, o dereito o
sufraxio: todos temos dereito a participación política e por iso temos o
dereito ó voto. Cando se acadou o dereito ó voto? Quizais cando se redactaron
as primeiras constitucións al polo século XVIII? Non. A maioría de países con
constitucións, por exemplo Inglaterra, non recoñecía o dereito o voto mais que
a unha minoría selecta de cidadáns, os que tiñan propiedades. O único caso excepcional
no que tódolos cidadáns podían votar era Estados Unidos (pero isto tampouco era
del todo certo porque os integrantes das minorías raciais como os negros,
chicanos ou hispanos e indíxenas amerindios non podían votar, e tampouco as
mulleres nin os inmigrantes). Cando se acadou definitivamente o dereito o voto
para todos os cidadáns sen distincións? Convencionalmente podemos dicir que isto
logrouse a finais do século XIX (Francia foi o primeiro en acadar o sufraxio
universal en 1848; Inglaterra o acadou en 1873; en Estados Unidos os negros,
aínda que se lles recoñecía o dereito o voto dende 1870, non lograron votar de
feito en moitas zonas do país ata a década dos sesenta do século XX; España o
logrou en 1978 despois de que chegara o seu final a ditadura do xeneral
Franco).
3º principio, o dereito a xustiza
social: esta é a conquista mais recente da democracia pois hoxe en día
consideramos que unha sociedade non é democrática se non se cumpren uns mínimos
de xustiza social. En que consiste esa xustiza social?
-No dereito a saúde (a asistencia
sanitaria universal, gratuíta e de calidade).
- No dereito a educación.
- No dereito a un traballo
xustamente remunerado.
- No dereito a unha vivenda digna
(e indispensable para poder ter e gozar do dereito a intimidade).
- No dereito a protección social:
o dereito a que a sociedade a través do Estado me axude (me protexa) en caso de
que sufra o desemprego (quede no paro), enfermidade, invalidez ou vellez
(calquera de estas tres posibles circunstancias imposibilítame traballar e
gañarme a vida por mi mesmo). Nestes casos o Estado concédelle o individuo un
subsidio (en caso do desemprego) ou unha pensión (en caso de enfermidade,
invalidez ou xubilación por razón de idade).
No hay comentarios:
Publicar un comentario