viernes, 27 de marzo de 2020

4º ESO 31/3/20 y 2/4/20

!Hola a todo el mundo! Última semana de clase antes de las vacaciones de Semana Santa. Seguimos con la lectura (atenta y provechosa) de estas unidades que os he preparado. !Que os aproveche!


UNIDADE 9 – A DEMOCRACIA



Vamos a comezar a explicación do que é unha democracia, unha sociedade democrática, falando da xustiza.


O “sistema xudicial” (a que tamén podemos chamar “a xustiza”) é o poder do Estado encargado de aplicar as leis. Na democracia, as leis as elaboran os representantes dos cidadáns (chamados deputados e senadores) no parlamento (en España, o parlamento chamase “As Cortes”). O sistema xudicial está integrado polos xuíces que son os encargados de xulgar e por todos os demais funcionarios que traballan na administración de xustiza (dende os fiscais ata os axentes xudiciais, pasando polos secretarios xudiciais, axentes xudiciais e os membros dos corpos de seguridade do estado, e dicir, os policías). O sistema xudicial cando aplica as leis realiza dúas funcións moi importantes:


1º función: sanciona as persoas que infrinxiron algunha lei. Xa sabemos que moitas leis establecen obrigas e prohibicións. Por medio de estas leis, o Estado da ordes os seus cidadáns (por exemplo, a lei de educación da a orde os meus pais de que teñen que levarme o colexio ata os dezaseis anos). A Xustiza encárgase de determinar se un cidadán incumpriu as ordes que lle da o Estado e de impoñerlle a sanción correspondente en caso de que a resposta sexa afirmativa. As sancións máis usual consiste en pagar unha multa. Cando a infracción é mais grave que unha simple falta, e dicir, cando se comete un delito, a sanción pode chegar a consistir na privación temporal da liberdade de movemento (e dicir, en ser encarcerado). As veces, en casos moi particulares se impoñen outro tipo de sancións distintas (como por exemplo sucede cando os pais non coidan ben os seus fillos; nese caso, o Estado pode retirarlles a “patria potestade”, o exercicio da tutela efectiva dos seus fillos). Non esquecemos que o Estado da estas ordes porque ten que velar e facer posible a convivencia e a cooperación pacífica dos cidadáns.


2º función: resolve os conflitos que se poden producir dentro da sociedade. Para logralo, tamén se aplican as leis, leis que non dan ordes senón que son receitas preconcibidas para solucionar un problema. Un exemplo desta función das leis a temos nas leis de divorcio que regulan como teñen que separarse e disolverse os matrimonios.


Falemos agora da sociedade democrática. Para nos, unha sociedade democrática é sinónimo dunha sociedade verdadeiramente civilizada, e dicir, dunha sociedade humanizada, feita a medida do ser humano, da súa dignidade e das súas verdadeiras necesidades (aquí estamos usando a palabra “civilización” nun sentido moral, non cultural; utilizamos o termo “civilización” nun sentido cultural para referirnos a unha sociedade cun certo grao de desenvolvemento cultural e por iso é polo que dicimos que a primeira sociedade civilizada foi a sociedade mesopotámica do terceiro milenio anterior a nosa era; pola contra, utilizamos o termo “civilización” nun sentido moral para referirnos o grao de respeto que nunha sociedade se ten o individuo, a súa dignidade e os seus dereitos). Dende esta última perspectiva, a moral, a maioría das sociedades que existiron no pasado e que incluso existen no presente estiveron moi pouco civilizadas. Incluso a sociedade da Grecia clásica e da Roma republicana e imperial que para nos son cumbres do desenrolo civilizatorio nun sentido cultural foron sociedades nalgúns respectos sumidas na barbarie: practicaban a escravitude, as mulleres eran consideradas seres de natureza inferior os homes ou disfroitaban con actos de crueldade pública (martirizaban os enemigos do Estado como os cristiáns no circo, torturaban e mutilaban os que cometían algunha infracción, nas execucións infamantes como a crucifixión se intentaba facer todo o dano posible o reo de morte, etc.).


Imos intentar entender agora como hai que ordenar unha sociedade para facela democrática. Normalmente cremos que para que unha sociedade sexa democrática basta con que nela se vote e se faga o que decida a maioría. Ë certo que nas sociedades democrática o voto e unha das principais formas de participación dos cidadáns no autogoberno e que o mecanismo que normalmente se utiliza para tomar finalmente unha decisión sobre calquera asunto é o das maiorías (xa que acadar a unanimidade en calquera asunto é moi difícil, case imposible). Votar e facer o que prefire a maioría é un modo de poder decidir que facer cando non se chega a un acordo unánime e polo tanto votar é necesario para o funcionamento da sociedade democrática, para que esta non quede paralizada, pero non é a esencia da democracia (nunha democracia perfecta, na democracia ideal que so pode existir nas nosa mentes, non se votaría endexamais porque os acordos se acadarían sempre por unanimidade tras unha discusión aberta a todos os membros da comunidade, sen exclusións de ningún tipo, na que participarían activamente todos os individuos, na que se discutirían todas as posibles alternativas  e na que se dilucidaría cal de elas é a mellor, a mellor para todos, opción que, finalmente, todos apoiarían sen dubida algunha).


Imos explicar agora cal é e en que consiste a esencia da democracia:


1º punto: unha sociedade democrática require estar organizada politicamente como un Estado, e dicir, dentro da sociedade so pode existir unha única, suprema e última autoridade:  o Estado. O Estado foi creado polos reis no inicio da idade moderna (no século XVI) para ter un control absoluto do seu reino, do seu territorio e dos seus vasallos (principalmente dos señores feudais que durante toda a idade media “camparon a sus anchas”, e dicir, fixeron o que quixeron porque os reis da época eran incapaces de sometelos o seu poder). Para lograr este control total é polo que, coa axuda da xente que vivía nas cidades, os burgueses, crearon unha gran maquinaria coa que exercer a súa autoridade: a gran organización estatal (formada principalmente por dous exércitos moi ben organizados: un exercito de soldados e outro exército de funcionarios). Ó final do século XVIII e durante a primeira metade do século XIX producíronse unha serie de revolucións tralas cales os Estados se foron progresivamente, pouco a pouco, democratizándose e poñéndose o servizo dos cidadáns (das revolucións que acabamos de falar as máis importante foron a revolución da independencia dos Estados Unidos e a  revolución francesa).


2º punto: unha sociedade democrática é unha sociedade na que o Estado se constitúe como “Estado de Dereito”, e dicir, para vivir nunha sociedade democrática non basta con ter un Estado senón que este Estado ten que ser “de Dereito” (os países que había en Europa nos séculos XVI, XVII e XVIII como Francia, España, Portugal, Polonia ou Suecia eran xa Estados pero “Estados absolutistas” non democráticos xa que o rei tiña todo a autoridade, o poder absoluto).  Que é un “Estado de Dereito”? Non so un Estado con leis (con dereito) senón un Estado no que rexe o “Imperio da lei” (o que os ingleses chaman “rule of law”, o goberno das leis). Que é o “Imperio da lei”? Unha sociedade na que a autoridade última e suprema resida nas leis (no ordenamento xurídico), unhas leis que teñen que estar feitas polos representantes lexítimos dos cidadáns reunidos solemnemente en sede parlamentaria e que deben ser cumpridas non so polos cidadáns senón aínda en maior medida polos gobernantes e por toda a gran maquinaria administrativa estatal (por todos os organismo e funcionarios do Estado). Esta é a primeira condición para que unha sociedade poda chegar a ser democrática. Cales foron os primeiros países do mundo en que rexeu o “Imperio das leis”? Os países anglosaxóns, e dicir, Gran Bretaña e Estados Unidos (Inglaterra dende os tempos da “revolución gloriosa non sanguenta”, e dicir, dende 1688, e os Estados Unidos dende a súa independencia da metrópole inglesa en 1776). Esta é a súa maior achega a historia da democracia.


3º punto: o ordenamento xurídico, as leis, dunha sociedade como a nosa é complexísimo. Sen embargo, todo o ordenamento xurídico se sustenta nunha lei principal que en certa medida o sintetiza: a Constitución. A Constitución é a lei fundamental dun país, a lei de leis. A Constitución é un gran acordo (un pacto ou contrato) que fan libremente en condicións de igualdade os cidadáns dunha sociedade que queren organizarse libremente e democraticamente. Neste acordo, os cidadáns establecen cales son os seus dereitos e deberes recíprocos. Tamén na Constitución, establécese cal será a estrutura do Estado para que este se poña o servizo das necesidades dos seus cidadáns. É por isto que todas as Constitucións teñen dúas partes: nunha primeira parte, se recollen os dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns; nunha segunda parte, establécese a estrutura dos poderes do Estado.


4º punto: os dereitos e liberdades fundamentais que deben ser recoñecidos constitucionalmente deben ser similares os que aparecen na Declaración Universal dos Dereitos Humanos da ONU; dereitos e liberdades civís, dereitos políticos, sociais, económicos e culturais.


5º punto: nas Constitucións tamén se establece como hai que ordear o aparato estatal, o Estado. Non debemos esquecer que a única función que ten o Estado democrático é que as leis que promulga e fai cumprir recoñezan e protexan os dereitos (e deberes) constitucionais dos cidadáns. ¿Como se pode conseguir isto? A fórmula é a división de poderes, trocear o poder do Estado:


1º A potestade do Estado de facer leis queda constituído como poder lexislativo independente. Os seus membros reúnense solemnemente nunha cámara específica chamada parlamento (en España, Cortes). Os deputados teñen que ser representantes dos cidadáns libremente elixidos por eles en eleccións periódicas (cando votamos para elixir representantes, votar si e parte da esencia da democracia). No parlamento, os nosos representantes deciden cales van a ser as leis vixentes na nosa sociedade. Esas leis non son as que prefire a maioría en virtude dos seus intereses particulares senón aquelas que son boas para o interese xeral, común, compartido, dos cidadáns. Por iso, no parlamento, os deputados teñen que deliberar e intentar poñerse de acordo, e dicir, intentar acadar un consenso sobre os asuntos que tratan. Como finalmente moitas veces non se poñen de acordo e non se acada o consenso sobre os asuntos que se tratan, os deputados votan e se fai o que decide a maioría).


2º O segundo poder do Estado é o executivo. O executivo é o poder do Estado que realmente xestiona a maquinaria administrativa estatal e polo tanto a que goberna, a que dirixe a sociedade. Nunha sociedade democrática se esixe que os gobernantes fagan cumprir as leis e, sobre todo, que eles mesmos cumpran as leis non podendo facer nada fora dela. Cando nunha sociedade  os gobernantes fan o que as leis mandan, dixese que se cumpre o “principio de legalidade” e que o Estado é un “Estado de Dereito”.


3º O último poder do Estado é o poder xudicial. A función dos tribunais é aplicas as leis para resolver os conflitos e para determinar que infracción das leis puido cometer un cidadán e que sanción lle corresponde. Nunha sociedade democrática, os xuíces se constitúen como un poder xudicial independente. Isto significa que os xuíces so se deben a lei e non están sometidos as ordes que lles puideran dar os gobernantes. A existencia dun sistema xudicial independente garantiu o imperio da lei e que o Estado respete  e vele polo cumprimento dos dereitos e deberes dos cidadáns.


6º punto: unha sociedade democrática está integrada por cidadáns responsables, e dicir, comprometidos activamente co bo funcionamento da sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario