.
UNIDADE I – A
NATUREZA SOCIAL E POLÍTICA DO SER HUMANO
Lección 1º - A
necesidade de vivir en sociedade
Os seres humanos
vivimos en sociedade e o facemos porque o necesitamos, porque no nos queda máis
remedio que facelo, aínda que ó final, como veremos agora mesmo, facemos da
necesidade virtude (convertemos algo que nos é imposto dende fora en algo
querido e elixido por nos mesmos).
Que significa que é
necesario vivir en sociedade? Quere dicir que os seres humanos non podemos
vivir illados, sos, separados os uns dos outros, senón que temos que vivir
xuntos ou do contrario nos extinguiríamos. A vida en común, a convivencia,
permítenos cooperar que é o gran fin da vida social. Cooperamos cando coordino
a miña actividade coa de outras persoas para co esforzo de todos conseguir un
obxectivo. Neste momento, por exemplo, estou participando nunha actividade
cooperativa na clase: estou cooperando co profesor e cos meus compañeiros para
acadar o obxectivo de aprender cousas novas e formarme. O gran de area que eu
aporto nesta actividade cooperativa é a seguinte: atendo o profesor, obedezo as
súas instrucións e ordes, compórtome como un bo alumno tal como me ensinaron
dende pequeno e así chego puntual as clases, non berro senón que falo, coido o
mobiliario escolar e non impido nin obstaculizo o desenrolo das clases falando
ou movéndome pola aula sen ton nin son.
Cales son os fins
da cooperación social, da vida en sociedade? A supervivencia e a mellora da
vida. Os seres humanos tomados un a un dende o momento do seu nacemento son seres moi
desvalidos. Ningún deles é capaz por si mesmo de sobrevivir neste mundo hostil,
cheo de perigos, onde lle tocou vivir. A única maneira de que os seres humanos
sobrevivan ós depredadores ou as catástrofes naturais (a fame, as secas, as
inundacións, os terremotos, as erupcións volcánicas, as glaciacións ou as
epidemias) é que os seres humanos vivamos en sociedade.
Como acabamos de
ver, para os seres humanos vivir en sociedade e unha necesidade. Se non vivimos
en sociedade, non sobrevivimos. Pero ademais, os seres humanos decidimos “facer
da necesidade virtude”. Comprendemos que vivir en sociedade non so permite a
nosa supervivencia senón que tamén pode mellorar a nosa vida. Os seres humanos
temos facultades que non teñen os animais e tamén una gran capacidade para o
aprendizaxe. Pois ben, só dentro da sociedade podo desenrolar esas
facultades e aprender cousas novas, cousas
boas e necesarias para a mellora da miña vida. Por exemplo, só vivindo en
sociedade podo aprender a falar (e dicir, desenrolar as miñas facultades
lingüísticas), o que me permitirá posteriormente comunicarme cos meus
semellantes e cooperar con eles. É por iso polo que podemos dicir figuradamente
que vivir en sociedade permítelle o ser humano abandonar a selva e vivir na
cidade, un lugar onde se sinte máis seguro, onde pode vivir una vida máis
cómoda (non tan brutal, sórdida e miserable como é a vida que viven tódolos
animais) e onde pode desenvolver todas as súas excepcionais capacidades (dende
arar os campos para que lle dean o alimento que necesita ata xogar o fútbol
polo mero pracer de practicar este deporte).
Lección 2º - Cidadáns dun Estado e cidadáns do mundo
Na lección pasada
estivemos explicando por que o ser humano vive en sociedade. A seguinte pregunta
que temos que facernos é en que sociedade vivimos nos, cal é a sociedade a que
pertencemos, na que nos integramos e da que formamos parte. A resposta é un
pouco chocante porque non formamos parte dunha única sociedade senón de varias
o mesmo tempo. Cales son estas?
1º A primeira
sociedade, o primeiro grupo social no que me integro é a miña familia. A
familia é o grupo humano o que estou máis estreitamente vinculado, unido a el
por poderosos lazos emocionais. A familia é o único grupo humano que funciona
por principios de solidariedade, e dicir, nunha familia os seus membros se
axudan entre si desinteresadamente, dun modo altruísta, non por interese ou por
diñeiro.
2º O seguinte grupo
humano o que pertencemos é a aldea ou cidade na que vivimos. É a nosa cidadanía
local. Nos por exemplo somos vilagarciáns, veciños de Vilagarcía. A
cidadanía local caracterízase pola relación de cercanía, de vecindade, de
proximidade con aqueles que son os nosos veciños e cos cales podemos chegar a
manter relacións directas, relacións cara a cara. Con eles compartimos un espazo,
uns servizos, uns mesmos problemas, etc. En conclusión, se a miña primeira
identidade social é ser membro da familia ..., a miña segunda identidade social
é ser veciño de Vilagarcía.
3º Ademais de formar
parte dun vecindario, e dicir, dunha cidade, pobo ou aldea, todos integrámonos nunha sociedade de grandes
dimensións, de dimensión mastodónticas, da que forman parte millóns de persoas
e que está estendida ademais por un vasto territorio. Esa sociedade está
composta neste momento por 45 millóns de persoas asentadas nun territorio duns 500.000 Km cadrados.
Esta sociedade é moito máis numerosa ca miña
minúscula familia e incluso que a cidade na que vivo (Vilagarcía ten uns 40.000
habitantes empadroados). Esa sociedade da que estamos a falar é a sociedade
española. Como é posible que tanta xente poda vivir e formar parte dunha mesma
sociedade, xente que probablemente nunca chegará a coñecerse entre si? Porque a
sociedade española está organizada politicamente, e dicir, todos os españois
sometémonos a una mesma lei e obedecemos a una mesma autoridade. Esa lei e
autoridade común é o Estado español. E dicir, a sociedade española existe
porque decidiu organizarse politicamente e instituír o Estado español. Grazas a
existencia do Estado, 45 millóns de persoas poden formar una mesma sociedade
(unha sociedade política): a sociedade española, Que somos en canto
membros da sociedade española? Somos cidadáns españois. Ser españois é a nosa
cidadanía política.
4º Finalmente,
podemos considerar que tódolos seres humanos, independentemente do Estado ou
nación a que pertenzan, se integran (non politicamente senón moralmente) nunha
última comunidade: a gran familia humana, a humanidade. En canto membros desta
comunidade temos una nova cidadanía, a cidadanía cosmopolita e somos cidadáns
do mundo. En virtude dela, podemos e debemos considerar a tódolos homes os
nosos semellantes, os nosos iguais, os nosos irmáns, aínda que non sexan membros
da nosa familia, nin os nosos veciños, nin tampouco os nosos compatriotas.
Nas clases
anteriores estivemos explicando que o ser humano ten que vivir en sociedade,
por que ten que facelo e en que tipo de sociedades ou grupos se integra
(familia, concello, nación, …). Agora o que imos tratar é o problema seguinte:
Como se fai unha sociedade?
Os seres humanos
somos animais. Pero somo uns animais moi especiais xa que temos a capacidade de
crear e fabricar cousas. Todo o que os homes fabricamos son produtos
artificiais, non naturais. E por isto polo que se di que o ser humano é un
animal cultural, porque crea e produce artificialmente cousas novas, cousas que
non existen na natureza como por exemplo ferramentas, casas, vestidos, coches,
pero tamén linguas, crenzas, costumes, relixións, obras de arte, etc.. De
tódalas creacións culturais, de tódolos produtos artificiais inventados polos
homes o máis importante é a sociedade mesma, pois do mesmo modo que os homes
somos capaces de deseñar e fabricar unha mesa ou unha casa, tamén somos capaces
de deseñar e construír sociedades, as sociedades nas que vivimos.
A sociedade humana
non é a única sociedade que existe no mundo. Hai outras moitas especies animais
distintas a nos que tamén viven en sociedade: insectos como as abellas ou as
formigas, paxaros como as gaivotas, peixes e mamíferos como as ovellas ou os
lobos. A estas especies de animais que manifestan algunha forma de vida social
as chamamos especies gregarias e a súa sociabilidade a denominamos tamén sociabilidade
gregaria (a palabra “gregario” procede do termino “grei” que significa rabaño).
O que diferenza a sociedade humana das sociedades animais é que a sociabilidade
humana non é unha sociabilidade gregaria. Vexamos por que. As sociedades
animais (un formigueiro, unha colmea ou unha manada de lobos) son un produto da
natureza, do instinto, mentres que a sociedade humana é creada polo mesmo ser humano, é
unha creación cultural, é un produto artificial (como unha casa ou unha moto),
é o froito non do instinto senón da intelixencia humana.
A sociedade humana
pode estar ben ou mal deseñada. Lle ocorre o mesmo que lle acontece a tódalas
cousas que os seres humanos creamos, fabricamos. Tamén unha casa ou unha mesa
poden estar mal deseñadas ou mal fabricadas, mal construída. Cando a sociedade
humana non está ben deseñada e ben fabricada, e dicir, ben feita, ben ordenada,
dicimos dela que é unha sociedade inxusta. Cando pola contra si o está, dicimos
dela que é unha sociedade xusta. Para fabricar ou crear un obxecto, por
exemplo, unha mesa por parte de un carpinteiro é necesario ter un coñecemento
técnico (no caso dun carpinteiro, o coñecemento da carpintería). O coñecemento
dun oficio como o de carpinteiro é unha habilidade manual, práctica. Pois ben,
a política é tamén un arte, un oficio: o oficio de saber deseñar e facer boas
sociedades. A arte da política require ter coñecementos teóricos (o político ten
que ter un proxecto de goberno da sociedade) é a habilidade práctica para
lévalo a cabo e realizalo. A palabra que utilizamos para indicar que o político
deseña e ordena a sociedade é a de “goberno”. A política é polo tanto a
actividade humana a través da cal se ordena, se goberna a sociedade.
Agora xa so nos
queda por dilucidar as seguintes cuestión:
1º que é o que diferenza
un bo dun mal goberno?
2º quen debe
gobernar?
Vamos a rematar
esta lección falando da relación que existe entre a política e a felicidade. Se
nos preguntamos de que depende a nosa felicidade, a resposta é que de dúas
cousas:
1º de nos mesmos e
2º da sociedade na que vivimos.
Empecemos por esta
última condición. Se vivimos nunha sociedade mal ordenada, nunha sociedade na
que non podo disfrutar dunha situación de paz, de seguridade, de liberdade, de
xustiza e igualdade e tamén de prosperidade
non podo ou me sería moi difícil acadar a felicidade (vivir nunha sociedade
próspera significa vivir non nunha sociedade rica, opulenta, senón nunha
sociedade da que está desterrada a miseria,
e dicir, nunha sociedade na que as necesidades básicas de saúde,
alimentación, vestido e educación están cubertas). É moi difícil chegar a ser
feliz se un vive en tempos de guerra ou sofre as súas consecuencias. É moi
difícil, case imposible, ser feliz se un vive sen seguridade e con medo. É
imposible ser feliz se un pasa fame ou vive hacinado nunha vivenda miserable ou
non poder recibir a asistencia dun médico se un cae enfermo. Tampouco se pode
ser feliz se a un lle toca vivir nunha sociedade na que lle oprimen, lle tratan
inxustamente e lle discriminan (pola súa raza, por ser muller, por ser pobre ou
por ser estranxeiro). Finalmente, é difícil chegar a ser feliz se nos está
vedada a posibilidade de adquirir unha boa formación (a lo menos, non ser
analfabetos) a través da educación.
En segundo lugar, a
nosa felicidade depende de nos mesmos, do que fagamos coa nosa vida. É a nosa
responsabilidade. Pero isto é algo do que falaremos un pouco máis adiante.
Lección 4º - Os fins da sociedade e da política
Antes de continuar co desenrolo da
materia, é necesario aclarar e deixar ben asentado cal é o fin (o obxectivo, a
meta última) da vida en sociedade e polo tanto tamén da política (pois como
acabamos de ver, a política non é outra cousa que o arte de organizar ben a
vida en sociedade).
Todos os que formamos unha mesma
sociedade compartimos un proxecto, un mesmo fin. Cal é ese proxecto, ese
fin? A razón pola que os seres humanos vivimos xuntos é a cooperación.
Vivimos en sociedade para poder traballar cos nosos semellantes e así poder
axudarnos os uns os outros. Un home que vivirá so, en caso de que puidera
sequera sobrevivir, tería que ser capaz de inventalo todo por si mesmo (pois
ninguén lle habería ensinado as cousas que necesita e lle gustaría saber facer)
e o tería que facer tamén todo el (dende obter alimento ata construírse una
vivenda onde aloxarse para protexerse das alimañas e das inclemencias do
tempo). Como vivimos pola contra sempre en grupo, temos a posibilidade de que
os nosos semellantes de máis idade nos transmitan os seus coñecementos e
experiencias a través da educación (todo ese tesouro de saberes que acumulan as
xeracións máis vellas e que transmiten ás novas chamase cultura; a cultura é o
conxunto de tódalas invencións que una
sociedade creou o longo do tempo para dar solución ós problemas cos que se tivo
que enfrontar). Tamén, porque vivimos en grupo, podemos dividir entre todos o
traballo e especializarnos en unha o unhas poucas tarefas na confianza de que
os nosos semellantes farán por nos o que nos non sabemos facer (o mesmo tempo
que nos facemos por eles o que eles non fan): Por exemplo: os meus país son gandeiros
e teñen una pequena granxa de vacas; grazas o seu traballo, hai centos de
persoas que poden beber todos os días leite sen ter que ocuparse de coidar
vacas; do mesmo modo, os meus país saben que poden obter todo o que necesitan
dos seus semellantes sen ter que facer o traballo correspondente para
conseguilo (e así, non teñen que ocuparse de ensinar a ler e escribir os seus
fillos porque esa labor a fan os mestres do colexio ó que vou eu e os meus
irmáns).
A vida en sociedade é por iso a
tupida rede de colaboracións que se establecen entre tódolos seus membros. Pero é que, por añadidura, se
cooperamos entre nos e organizamos ben esa cooperación, gañamos algo máis que é
aínda máis importante que non ter que inventalo todo e facelo todo: logramos
mellorar a nosa vida e a de todos os membros da sociedade. A esta mellora da
vida de todos é o que dende antigo denominamos o ben común.
En qué se cifra o
ben común? En qué cousas podemos esperar lexitimamente unha mellora da nosa
vida? Nas seguintes cousas:
1º Paz e seguridade: o mundo é un lugar
moi perigoso e queremos poder chegar a vivir sen medo e non tendo que padecer e
sufrir ningún tipo de violencia.
2º Saúde e maior benestar material:
queremos cubrir cada vez mellor as necesidades básicas dun maior número de
persoas (a necesidade de recibir asistencia sanitaria cando a requirimos,
alimentación, vivenda, etc.).
3º Desenrolo social: o desenrolo social se
cifra nas seguintes cousas
a)
Educación: a educación é clave para o meu desenvolvemento como una
persoa verdadeiramente libre.
b)
Igualdade xa que a igualdade é boa e
necesaria para as persoas por moitas razóns:
1º
fai mais fácil manter unidas e cohesionadas as sociedades porque as sociedades
igualitarias son menos conflitivas que as desigualitarias;
2º
por outro lado, dende os tempos dos antigos gregos sabemos que un tipo de
igualdade e imprescindible para poder vivir civilizadamente, a igualdade
xurídica e política que consiste en que todos somos iguais ante a lei (cos
mesmos dereitos e deberes) e en que ninguén pode arrogarse o dereito de
mandarnos: as polis gregas de antigüidade foron as primeiras sociedades
democráticas da historia, unhas sociedades nas que todos os homes eran xuridicamente
e politicamente iguais; por iso so recoñecían como única autoridade lexítima a autoridade
das leis (leis que eles mesmos facían) e so tiñan como gobernantes a persoas
que eles mesmos elixían e os que permitían gobernarlles so pola súa utilidade)
c)
Liberdade e pluralidade: este é o
fin máis importante dunha boa cooperación social, facer posible que se dean tódalas
condicións (benestar material, educación, igualdade política) para que eu poida
sentirme dentro da sociedade (e asumindo as miñas obrigas e deberes para con
ela) un ser libre.
Cando
chego a ser libre? Cando logro vivir como unha persoa entre persoas (e dicir, sendo
tratado pola sociedade como unha persoa e tratando eu os demais como persoas).
Se este fin último
non se da, ou sexa, se a meta última da cooperación social non é a liberdade do
individuo, esa sociedade, aínda que consiga o benestar material ou a igualdade
dos seus membros, perde a súa lexitimidade, non pode ser considerada unha sociedade xusta.
É a política? O fin da política,
a tarefa dos políticos é organizar ben a cooperación social para que se poida
acadar o ben común: o benestar material, a paz e seguridade, educación, a
igualdade e, por encima de todo, a liberdade de tódolos membros, sen
exclusións, da sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario